Cartas a la directora

Carta abierta al Consejero de Cultura de la Xunta de Galicia

José Manuel Pazos Riveiro
viernes, 10 de enero de 2020
Orquesta Sinfónica de Galicia © OSG Orquesta Sinfónica de Galicia © OSG
0,0002189

La situación de la Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) sigue siendo muy difícil, y pocos días después de la misiva publicada el pasado 29 de noviembre, nos llegó a Mundoclasico.com una nueva carta con ruego de publicación. Aunque firmada por José Manuel Pazos Riveiro, recoge no sólo sus opiniones, sino la de otros abonados de la OSG que se han reunido en más de una ocasión para hablar del tema, entre ellos otros profesores que participan o han participado en las actividades didácticas de la OSG. 

La carta, fechada el día de Santa Cecilia de 2019, está dirigida a Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura de la Xunta de Galicia. Pazos Riveiro ha enviado copias de la misma al Presidente de la Xunta de Galicia y a su Conselleira de Educación, a la Alcaldesa de A Coruña, su concejal de cultura y a los portavoces de todos los grupos municipales del Ayuntamiento de A Coruña, a los Sindicatos, a los directores de los Conservatorios Superior y Profesional de A Coruña, así como al director y al gerente de la Orquesta Sinfónica de Galicia. 

Carta a Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura de la Xunta de Galicia

Alcaldesa, Concelleiro de Cultura, cada seu Grupo Municipal, con especial coidado a Beatriz Mato polas súas conexións co Presidente da Xunta. Non en vano foi a súa Conselleira longos anos.

Estimado señor Conselleiro:

Hoxe é o día dos músicos, das e dos músicos. É por iso que me atrevo a escribirlle esta carta, porque eles/elas e nós estamos en perigo. En perigo de extinción. Eles están en perigo de perde-los seus postos de traballo. Nós, A Coruña, de perder esta marabilla da Arte e da Cultura: a Orquestra Sinfónica de Galicia. Cando digo eles/elas refírome aos setenta e nove profesores que compoñen a Primeira Orquestra, pero, tamén, outros tantos mozos e mozas da Orquestra Xoven e igual número de rapaces e rapazas da Orquestra Infantil. Refírome tamén ás oitenta e cinco mulleres e homes do Coro da Sinfónica, ao mesmo número de mozas e mozos do Coro Xoven, así como de outras tantas nenas e nenos do Coro Infantil. Súmelle vinte persoas da equipa técnica e administrativa, por favor. Ficará arrepiado do que leva trazas de desaparecer. Máis aínda porque vostede sabe que ten responsabilidade neste desastre.

Cando digo nós, digo A Coruña. Estoume a referir aos/ás preto de dous mil cidadáns que cada tempada, van alá vinte e seis anos, temos a inmensa fortuna de escoitar, venres ou sábado, estas agrupacións da Orquestra Sinfónica, que tanto nos fan gozar. Pero refírome, por riba de todo, a eses mil cincocentos alumnos e alumnas de Ensino Primario e Secundario que cada xoves ou venres previo ao Concerto, son invitados a presencia-los ensaios da Orquestra.

Estimado señor, créame cando lle digo que poucas satisfaccións máis gorentosas tiven na miña vida de docente de Ensino Secundario ca de acompañar ás rapazas e rapaces do Instituto a estas audicións. Abofé que vostede que é profesor enténdeo ben.

A Coruña está moi orgullosa da súa Orquestra Sinfónica, eu diría namorada. ¿E como non o vai estar? A súa creación significou unha explosión da mellor Arte. Pasee, señor Conselleiro, pola nosa vila calquera día de labor e verá canto raparigo, canta moza, sae do seu Centro Escolar, cara aos Conservatorios ou Academias de formación musical. A Coruña non é a mesma des que a Orquestra exerce o seu Maxisterio. A Xunta, á que vostede representa, tivo un papel esencial na súa aparición. O seu Gobemo asinou un compromiso para a financiación da Orquestra. Pero, desde hai anos, a Xunta de Galicia non é leal nin consecuente coas cláusulas asinadas naquel acordo. Arrastra unha débeda coa Orquestra que anda xa polos cinco millóns de euros. A Orquestra Sinfónica de Galicia esmorece e corre serio risco de acabar. O Goberno da Xunta anuncia os orzamentos para o próximo exercicio e retruca, de xeito contumaz, na mesma actuación desleal coa Orquestra. Vostede é sabedor desta situación e como Conselleiro de Cultura, responsable da mesma. Permítame que lle suplique que dea os pasos doados para que tal augurio reverta e non suceda. 

Este é o perigo de extinción ao que me refería no principio da carta.

Extinción da Cultura e da Arte. ¿Paga a pena a vida sen elas?. Vostede, doutor e profesor universitario de Xeografía  e Historia, sabe contestar esta pregunta e non si?

Comentarios
Para escribir un comentario debes identificarte o registrarte.