Educación musical

El Conservatorio Superior de La Coruña tendrá un profesor y el de Vigo, cinco

didpress.com
Escudo de Galicia Escudo de Galicia © Xunta de Galicia
0,0001204 La Xunta de Galicia ha hecho público su modelo de enseñanza musical superior, creando dos Conservatorios Superiores en esta Comunidad. El de La Coruña con una plantilla compuesta por un catedrático de clarinete y el de Vigo con una plantilla compuesta por cinco catedráticos: de historia, guitarra, piano, solfeo y violín.El resto de las materias del grado superior seguirán siendo impartidas (provisionalmente y sine die) por los actuales profesores de grado medio quienes, a efectos laborales y salariales, seguirán siendo considerados profesores de grado medio a pesar de realizar, a todos los efectos, funciones de catedráticos. Para acceder al desempeño de las funciones de catedrático, se considerará mérito preferente estar en posesión del título superior de música.Reproducimos a continuación el texto íntegro de la norma reguladora.Resolución do 10 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Persoal pola que se adscribe definitivamente ó profesorado dos conservatorios de música da Coruña e VigoPor Orde do 11 de abril de 2003 autorízase o desdobramento dos conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo, creándose en cada cidade un conservatorio superior e un conservatorio profesional de música. Asemade, a disposición adicional décimo cuarta da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que as ensinanzas correspondentes ó grao superior de música serán impartidas polos funcionarios do corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas, mentres que corresponde ós funcionarios do corpo de profesores de música e artes escénicas a impartición das ensinanzas correspondentes ós graos elemental e medio e, excepcionalmente, aquelas materias do grao superior que se determinen, polo que parece razoable efectuar unha adscrición definitiva do profesorado que ten recoñecido o nivel de complemento de destino 26 ós Conservatorios superiores de música, mentres que os restantes profesores do corpo de profesores de música e artes escénicas deben quedar adscritos con carácter definitivo ós conservatorios profesionais de música, sen prexuízo de que con carácter provisional, unha parte deste profesorado continúe desenvolvendo a docencia no grao superior. Na súa virtude, e en uso da habilitación establecida na disposición derradeira primera da Orde do 11 de abril de 2003, esta Dirección xeral de Persoal,DispónPrimeiro. Adscríbese con carácter definitivo ó Conservatorio Superior de Música da Coruña ó profesorado que se relaciona no anexo I [Carlos Jesús Casado Tarin, catedrático de clarinete].Segundo. Adscríbese con carácter definitivo ó Conservatorio Superior de Música de Vigo ó profesorado que se relaciona no anexo II [Tomás Camacho Muelas, catedrático de guitarra, Josefa Estarque Vila, catedrática de solfeo, Manuel Martinez Alvarez Nava, catedrático de violín, Roberto Francisco Relova Quinteiro, catedrático de historia de la música, y Concepción Rodríguez Conde, catedrática de piano]Terceiro. Adscríbese con carácter definitivo ó Conservatorio Profesional de Música da Coruña ó profesorado que se relaciona no anexo III [La plantilla del actual Conservatorio Superior de Música de A Coruña]Cuarto. Adscríbese con carácter definitivo ó Conservatorio Profesional de Música de Vigo ó profesorado que se relaciona no anexo IV [[La plantilla del actual Conservatorio Superior de Música de Vigo]Quinto. As adscricións ás que se refire a presente Orde terán efectividade do 1 de setembro de 2003, e non implicarán a perda da permanencia ininterrompida no centro ós efectos da puntuación nos futuros concursos de traslados.Disposición adicionalPrimeira. Os funcionarios de carreira do corpo de profesores de música e artes escénicas que obtiveron destino definitivo no Conservatorio Superior de Música da Coruña ou de Vigo, pola Resolución do 2 de xuño de 2003, entenderase que obtiveron destino definitivo nos Conservatorios profesionais de música da Coruña e Vigo, respectivamente.Segundo. Os funcionarios de carreira do corpo de profesores de música e artes escénicas adscritos ós conservatorios profesionais de música da Coruña e Vigo que no curso académico 2002-2003 estiveron impartindo as ensinanzas de grao superior continuarán impartíndoas, co mesmo carácter provisional, mentres siga existindo a necesidade de persoal e non estea regulado o acceso ó corpo de catedráticos de música e artes escénicas. As posibles novas necesidades de profesorado dos Conservatorios superiores de música da Coruña e Vigo serán cubertas por profesorado con destino definitivo no correspondente conservatorio profesional, prioritariamente por este orde:a) Funcionarios de carreira do corpo de profesores de música e artes escénicas da especialidade correspondente, que estean en posesión do título superior.b) Maior antigüidade no corpo.c) Maior antigüidade no centro.d) Maior puntuación no procedemento selectivo.Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2003Severino Somoza GómezDirector Xeral de Persoal
Comentarios
Para escribir un comentario debes identificarte o registrarte.