Reportajes

La música en el bachillerato español. 2. O currículo galego

didpress.com
Escudo de Galicia Escudo de Galicia © Xunta de Galicia
0,0001157 Publicamos la segunda entrega del currículum de Historia de la música en el Bachillerato, siguiendo por el Decreto 231/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 75/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOGA nº 10.921 de 15.07.2002).El órgano de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria competente en el tema es la Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional en la cual desempeña Rosa Mª Fernández las funciones de coordinadora de música.Al pie de este reportaje publicamos enlaces para obtener más información, entre ellos el de la página web de Javier Jurado, funcionario de la Consellería que afirma ser "miembro del grupo de trabajo que elabora el nuevo currículo de la materia Historia de la Música, propia de la Modalidad del Bachillerato de Humanidades y Ciencias Sociales" y se anuncia como "preparador de opositores de Música de Secundaria desde 1997, en los centros Academia Quintela(Vigo), Academia Meste (Santiago) y La Academia (La Coruña)".IntroducciónO ensino da materia de música en bacharelato pretende forma-lo alumno a través da análise, a comprensión e a valoración das manifestacións musicais que se produciron no pasado e no presente, e crear unha actitude crítica e aberta perante a creación, difusión e o consumo da música na sociedade actual.Este ensino debe contribuír á formación do alumno e permitir abordar outras materias nas que se afronta a análise da historia, as manifestacións culturais ou a evolución da sensibilidade artística. Así mesmo,a música, neste curso, debe ser un pear fundamental para aqueles que desexen acceder ós estudios superiores relacionados con esta disciplina.Os contidos seleccionados para o bacharelato recollen aspectos históricos, sociolóxicos e estéticos da linguaxe, da expresión e da audición, e teñen como obxectivo principal o afondamento no coñecemento da música desde distintas perspectivas: artística, científica, técnica e social, que orienten o alumno a campos específicos afíns ou complementarios ás materias que están a cursar. A historia da música é unha parte fundamental da historia da humanidade, e o seu coñecemento é esencial para posuír unha sólida formación humanística. Pero, o principal obxectivo desta materia é favorece-la sensibilidade musical e o pracer estético desde os coñecementos que se adquiren.Os bloques de contidos propostos para o bacharelato esixen unha mutua relación.Poden secuenciarse independentemente ou intercalándose uns con outros. Todos eles poden estructurarse de forma cronolóxica ou ben abordando os temas en profundidade a partir dos conceptos básicos.No bacharelato proponse un afondamento nalgúns aspectos históricos, formais e sociolóxicos desde unha perspectiva máis ampla ca na educación secundaria.Estudiarase, polo tanto, a relación entre música e espectáculo a través da escena e do concerto, así como os novos medios de expresión da música no século XX e a súa relación coa sociedade contemporánea, sen esquece-lo que as novas tecnoloxías da información e da comunicación supuxeron para a composición, audición e difusión da música.As ensinanzas da música no bacharelato, igual ca na educación secundaria obrigatoria, deben partir de dous piares metodolóxicos fundamentais: a expresión e a audición musical. Desta maneira, poderanse comprender, analizar, asimilar e relaciona-los contidos propostos. Adquirindo unha sólida formación musical a través destes procedementos, poderase introduci-lo alumno no campo da crítica e a valoración das distintas manifestacións musicais que ofrece a nosa sociedade.ObxectivosAnaliza-las obras musicais atendendo ós seus aspectos formais e estilísticos máis importantes, mediante a audición e a investigación.Adquiri-lo vocabulario que permita expresa-los procesos e as funcións musicais e a súa relación co contorno cultural que as produciu.Utiliza-la audición e a expresión musical como medios de coñecemento e de desenvolvemento da sensibilidade e da creatividade.Desenvolver unha visión crítica das manifestacións musicais que se producen na sociedade e valora-las súas achegas.Percibi-la música como unha manifestación artística producida nun momento histórico concreto, suxeita á influencia de factores culturais, sociais e económicos.Comprende-lo proceso creativo e a súa difusión a través dos diversos medios e canles de comunicación.Utiliza-los medios audiovisuais e as tecnoloxías da información e da comunicación de forma creativa, valorando as súas posibilidades expresivas e o seu papel como fonte de información e coñecemento.ContidosI.1. Nacemento, espacio e evolución da música instrumental. Visión práctica da interacción entre o compoñente organolóxico e a función social, mediante un estudio documental e iconográfico.-Clasificación instrumental na música culta e na música popular. Análise organolóxica.-Agrupacións instrumentais: os instrumentos na sociedade que lles dá orixe.-A evolución dos instrumentos tradicionais en Galicia; os instrumentos medievais.-Análise e historia das formas musicais instrumentais desde o Renacemento ata o século XX.-A forma «sonata»: aparición e tipoloxías, evolución desde as sonatas de cámara e da chiesa á disolución da forma no Romanticismo.-O concerto e a sinfonía. Evolución das formas.-O xurdimento de novas formas instrumentais no Romanticismo.-Século XX: os novos instrumentos e a música sen instrumentos; o estudio MIDI na creación musical actual.I.2. Función social do músico ó longo da historia.II.1. A música relixiosa.-A música relixiosa na Idade Media e no Renacemento. Monodía. Os modos auténticos e plagais. A música antifonal e salmódica. Polifonía: as súas formas.-A música nas catedrais galegas: especificidades e fontes.-As formas vocais no Barroco; cantatas, oratorios e paixóns. A súa evolución instrumental ligada ó cambio nos usos sociais.-A música da Reforma e da Contrarreforma: estudio contraposto.-Música relixiosa no Barroco a través da súa análise.-Música profana: orixe e evolución. Música popular e música da corte.-Estudio das fontes e das súas funcións.-O madrigal. Análise e práctica de madrigais polifónicos e solísticos.-O nacemento da monodía acompañada. Tipoloxías formais na ópera; recitativos, ariosos e arias.-Escolas na ópera italiana. Análise da súa especificidade.-A teoría dos afectos como marco filosófico e retórico da música barroca.-A canción e o lied romántico.-A música coral no Romanticismo.-A canción galega no Romanticismo; fontes, análise e práctica.II.2. A música vocal no século XX. Os novos conceptos da vocalidade.II.3. A música na sociedade actual: desde o Impresionismo ás Vangardas.II.4. O pop e o rock; función, fontes e correntes.-O público e o espectáculo: función, espacios e socioloxía.-A ópera italiana: de Rossini a Puccini. Análise dos seus parámetros melódicos, harmónicos e formais.-A ópera alemana, desde Mozart á Segunda Escola de Viena: xéneros e evolución.-A música teatral en España e os seus xéneros ó longo da historia: tonadilla, zarzuela e ópera. A recepción do público.-A danza e o ballet; orixe, evolución e tipoloxía. Práctica da danza de tipoloxías diversas.-Teatros, auditorios e festivais. Análise da súa programación cultural.-Orixe da música contemporánea. Cambios sociais e cambios culturais na Europa de entreguerras.-Novos xéneros musicais no século XX: tipoloxía.-A atonalidade.-Novas perspectivas na música. As novas prácticas vocais e instrumentais na música de vangarda: da Segunda Escola de Viena a Berio e Nono: o compositor comprometido coa súa sociedade.-As vangardas históricas: Schoenberg e o seu papel.-A xeración musical do 27: o grupo dos 8.-Falla e os exiliados.-A experimentación.-A revisión dos parámetros contemporáneos a fins do século XX. O rexurdimento da tonalidade. A pantonalidade.-O papel do músico contemporáneo como intelectual: música e pensamento.-Serialismo e serialismo integral.-A música sen intérpretes. A música electrónica e a música computerizada.-Os compositores españois. Do eclecticismo á vangarda.-O son gravado e a súa incidencia na música de concertos: do fonógrafo ó son dixital.-A música e as novas tecnoloxías da información e da comunicación. O estudio MIDI integrado na aula.-A dirección orquestral: escolas e grandes directores.-A función do director ó longo da historia.-A achega das figuras máis relevantes da música vocal.-Os solistas instrumentais e a súa significación na difusión da música.-A interpretación na música tradicional galega e na música antiga: criterios de autenticidade ou recreación: folclore e folclorización.-Valoración da historia da música como parte da propia historia do alumno, no sentido de coñecemento e aceptación dun pasado cultural común.-Comprensión histórica dos estilos musicais que se sucederon en Europa a través dos séculos.-Afondamento na sensibilidade e na capacidade crítica ante as obras que forman parte do patrimonio musical europeo.-Interese e respecto polo coñecemento e a análise das obras e dos instrumentos propios da música contemporánea.-Apreciación e satisfacción ante a audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas normas que rexen o seu comportamento.Criterios de avaliaciónDiferencia-las características das formas musicais vocais e do ballet, e recoñece-la súa función social.Diferencia-las formas instrumentais máis importantes, a través dun adecuado estudio organolóxico.Diferencia-las características das formas musicais instrumentais producidas ó longo da historia a partir da súa función social e das súas particularidades formais.Establece-las principais características da música vocal no seu contexto histórico.Definir apropiadamente as características constitutivas das diferentes formas musicais perante a análise, a audición e a interpretación de partituras.Recoñece-las correntes compositivas do século XX e as fontes principais do pensamento musical que as sustentan.Comprende-la función social do músico ó longo da historia.Valora-las achegas das tecnoloxías da comunicación ó ocio da cultura de masas.Valora-los papeis que desempeñou o intérprete en épocas precendentes e que desempeña na actual, asociando os diferentes enfoques da función musical ás distintas épocas.
Comentarios
Para escribir un comentario debes identificarte o registrarte.